O TEU TALLER MECÁNICO EN BAMA (TOURO)

Talleres Bama nace no ano 2014 para dar servizo aos seus clientes na reparación e mantemento de automóbiles.

A nosa experiencia e a satisfacción dos nosos clientes aválanos. Traballamos para dar servizo a calquera tipo de vehículo, xa sexa turismo, 4×4, moto, vehículos industriais, funcionando como taller de mecánica rápida.

Sempre achegamos as mellores solucións, utilizando para iso pezas de provedores líderes de mercado que garanten eficiencia e calidade.

Os profesionais que formamos Talleres Bama asesorarémosche sobre a mellor solución para ti e para o teu coche. Nas nosas instalacións traballamos coa tecnoloxía máis innovadora para conseguir uns excelentes resultados que garantan a túa satisfacción.

Buscamos achegar aos nosos clientes a mellor atención e calidade nos nosos servizos e por iso pertencemos á rede de talleres STAR cumprindo os criterios que a rede esixe:

Máxima calidade

Os mellores prezos

Atención 100% persoalizada

A seguridade no noso taller é algo prioritario e por iso o noso taller é un centro de freos autorizado ATE cumprindo as súas esixencias en calidade, seguridade e formación continua.

Como especialistas en freos, para nós a túa seguridade é o maior dos nosos obxectivos.

AS NOSAS MARCAS DE CONFIANZA

¿Necesitas ayuda?