Estreamos nova web para manter o contacto con toda a nosa clientela.

Pasaron 8 anos xa, 8 anos desde que Talleres Bama abriu as súas portas por primeira vez na localidade que nos dá nome.

E que mellor maneira de celebrar tantos anos cos nosos clientes e amigos que estreando un novo medio de comunicación, a través do cal buscaremos achegar o noso taller aos vosos fogares, a través de internet.

Hoxe estreamos a nosa nova web, na que como veredes poderedes atopar información sobre o noso taller, os nosos servizos dispoñibles, contactar connosco e mesmo pedir cita previa para realizar calquera reparación ou mantemento no voso coche.

Como sabedes, traballamos cada día para ofrecervos un servizo de maior e mellor calidade.

E por iso seguirémonos renovando para estar ao día e máis conectados que nunca!

Seguide conectados ás últimas novidades e ofertas do noso taller

¿Necesitas ayuda?